Ana Isabel Pereda foi designada como nova directora do xornal económico “Expansión” en sustitución de Jesús Martínez de Rioja, dentro do proceso de reestructuración emprendido na área de información económica deste xornal.
Ana Isabel, licenciada en Ciencias da Información, ten unha larga traxectoria de casi trinta anos no xornalismo e xestión de medios de comunicación. Traballou principalmente en información económica e ocupou o cargo de redactora xefe de “Expansión” e do semanario “Actualidade Económica”. Dirixiu tamén o diario “Qué!”, dende 2006 ata octubre de 2009, donde liderou un proceso de integración dixital gratuito. Despois incorporouse a ABC como directora adxunta, onde participou no ambicioso proxecto de reorganización da redacción e redeseño das edicións impresa e dixital deste xornal.
“Afronto este novo reto con ilusión infinita. Formei parte do equipo fundacional de Expansión e volto ó xornal nun momento especialmente apasionante para a información económica. Expansión é un xornal líder, con importantes apostas nas novas tecnoloxías e que seguirá crecendo como medio multicanal", sinalou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario