martes, 27 de septiembre de 2011

DÍA DO EMPRENDEDOR 2011

Profesionais e especialistas destacados do mundo da empresa compartirán as súas experiencias e coñecementos na próxima edición do Día do Emprendedor de Galicia que este ano, por primeira vez, terá lugar nas cidades de Lugo, Ourense e Santiago nos días 18, 20 e 25 de outubro, respectivamente. Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Bic Galicia e en colaboración coa iniciativa “Emprendemos Juntos” do Mityc, ten por obxetivo a promoción da actividade emprendedora, fundamental nun contexto de crise como o actual. Os interesados en participar xa poden inscribirse a través da web http://www.diaemprendedor.com/
O evento central, que terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, contará con Antonio González Barros, presidente do grupo Intercom -empresa líder en España na creación e desenvolvemento de negocios en internet como Softonic.com, Infojobs.net ou Emagister.com-, como relator estrela da sesión plenaria da xornada. As actividades lúdicas correrán a cargo de David Amor, humorista e actor, quen presentará a xornada cunha visión persoal sobre o mundo do emprendemento e da empresa.
Dentro da liña temática “Emprendendo” desenvolveranse diferentes mesas redondas que achegarán experiencias e consellos de prestixiosos expertos do ámbito da creación de empresas. Na conferencia “Emprender con valores” participará Carlos Piñeyroa, especialista en consultaría de recursos humanos, e Luis García Deber, da Fundación Ronsel, una organización que procura mellorar a situación das persoas en situación de desemprego.
As mulleres interesadas no autoemprego teñen una cita na mesa “Emprender en feminino”, na que Irene Bonet, da Federación de Empresarias de Galicia e Eva López, de Woman Emprende, explicarán as diferentes liñas de apoio que existen para aquelas mulleres que desexan pór en marcha o seu propio negocio.
A conxuntura económica tampouco quedará á marxe das xornadas. O encargado de contar a súa experiencia será David Baltar, da empresa especializa na venta de veleiros e motoras Argonáutica, e institucións como Fegaxe e Bic Galicia achegarán os diferentes servizos cos que contan para axudar aos emprendedores. Por outra banda, na liña temática “oportunidades de negocio”, abordaranse diferentes vías para lanzarse a aventura empresarial como a universidade, os viveiros de empresa ou a internacionalización.
A VI edición do Dia do Emprendedor contará tamén con importantes expertos en financiamento que falarán das posibilidades que existen no mercado para financiar un proxecto emprendedor. Neste bloque abordarase así mesmo un novo concepto de banca que cada día suma máis adeptos, a banca ética, unha nova fórmula de promover o rendemento financeiro e o rendemento social.
Os negocios tecnolóxicos ocuparán outra das liñas temáticas deste ano. Fernando Gómez, promotor do Grupo Mas Impacto, empresa viguesa especializada nas novas tecnoloxías, compartirá a súa experiencia como emprendedor. Carlos Blanco, fundador do Grupo Itnet e Business Angels contará os principais erros que comenten os emprendedores e Javier Varela, reputado experto en marketing online, explicará a importancia que os novos medios de comunicación teñen para a reputación das compañías.
Este ano, ademáis, o Día do Emprendedor reforzará o networking e as zonas de asesoramento directo para emprendedores onde expertos en diferentes áreas resolverán, de xeito personalizado, as dúbidas dos emprendedores. Os interesados nestes encontros deberán inscribirse previamente na web do dia do emprendedor.
Nesta edición, a parte do evento central, que se desenvolverá en Santiago de Compostela o 25 de outubro, haberá itinerarios diferenciados para as provincias de Lugo e Ourense, como un servizo engadido de apoio ao emprendemento, ao abeiro dos respectivos plans Impulsa.
Emprendedores locais contarán como idearon as súas empresas e como as puxeron en marcha ata converterse en referencias non só nas súas provinciais, senón tamén a nivel autonómico e nacional. As sesións plenarias das edicións de Lugo e Ourense contarán coa actuación do monologuista coruñés Rober Bodegas, quen reflexionará ao “seu xeito” sobre a aventura de emprender.

miércoles, 10 de agosto de 2011

A Xunta concede aos concellos máis de 3 millóns para promoción da igualdade, da conciliación e da prevención da violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade das axudas e subvencións concedidas este ano a entidades locais para a promoción da igualdade. En total, o departamento destina unha partida de 3.053.665 de euros, cofinanciada co 80% co FSE e distribuída en catro liñas de actuación, orientadas á promoción da igualdade, prevención e tratamento da violencia de xénero, programas de fomento da conciliación e programas de apoio aos CIM.

A Secretaría Xeral da Igualdade, sensible á delicada situación económica dos concellos, adoptou este ano por primeira vez a decisión de facer un primeiro pagamento anticipado do 80% do importe das axudas concedidas sen constitución de garantías, que se fará efectivo nos vindeiros días, co fin de que as entidades locais dispoñan dos recursos cando realmente os precisan, nunha conxuntura na que coinciden a complexa situación financeira e unha maior demanda de servizos da veciñanza.

A liña de promoción da igualdade entre homes e mulleres atendeu este ano o 100% das solicitudes que cumprían os requisitos establecidos na convocatoria, de xeito que un total de 105 concellos das catro provincias disporán dunha partida de 365.832 euros para actuacións neste eido, que van desde o desenvolvemento de actividades de coeducación á elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades.

A liña de prevención e tratamento da violencia de xénero, dotada este ano con 221.070 euros, ten un total de 60 concellos beneficiarios, que realizarán accións e porán en marcha medidas de sensibilización e concienciación, así como de intervención integral coas mulleres vítimas.

A liña de axudas para accións de fomento da conciliación, atenderá os proxectos de 31 concellos cunha partida total de 232.685 euros, coa planificación de actividades como o programa concilia, campamentos de verán, bancos de tempo ou ludotecas.

A liña con maior dotación económica é a adicada aos CIM, cun presuposto total este ano de 2.234.077 euros. Entre os criterios de concesión destas axudas primouse por primeira vez o fomento de actividades de dinamización da cooperación, no que constitúe unha mostra da consolidación do apoio da Secretaría Xeral da Igualdade á rede de centros de información ás mulleres distribuidos ao longo das catro provincias.

Estas catro liñas de axudas aos concellos teñen unha especial relevancia no marco das actuacións da Secretaría Xeral da Igualdade, por considerar que son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal e profesional, por ser as administracións máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica da súa poboación.

viernes, 27 de mayo de 2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR: Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).

Liñas de axuda:Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade.
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/06/2011.

Accede ás bases da convocatoria, preme AQUÍ.

jueves, 19 de mayo de 2011

Subvencións para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas


Obxecto: convocatoria de axudas para fomentar a responsabilidade social empresarial (RSE) nas pequenas e medianas empresas (pemes), a través das seguintes liñas:
Liña I: axudas para a implantación de modelos, sistemas ou ferramentas de xestión que introduzan conceptos de RSE nas empresas galegas.
Liña II: axudas para que a empresa reciba formación específica en materia de sustentabilidade ou responsabilidade social empresarial.
Liña III: axudas para a obtención de reportes, estándares ou certificacións en responsabilidade social empresarial.

Beneficiarios: as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo en Galicia, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
b) Que conten cun número de persoas traballadoras inferior a 250.
c) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
d) Non teñen consideración de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/06/2011
Accede ás bases da convocatoria na web da Fundación. PREME AQUÍ.

jueves, 28 de abril de 2011

Economía e Industria deseña o primeiro Rexistro galego de comercio que permitirá analizar a situación e as necesidades do comercio de proximidade galego

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe anteproxecto do decreto para a regulación do primeiro Rexistro Galego de Comercio polo que “habilitarase un censo actualizado dos establecementos, asociacións e actividades comerciais desenvolvidas en Galicia; facilitarase un diagnóstico preciso da estrutura comercial galega, e ofrecerase unha fonte de análise e estudo, axeitada para axudar na toma decisións eficaces de cara ao establecemento de políticas de dinamización, á vez que facilitará o cumprimento da nova Lei de Comercio”.
O titular de Economía e Industria salientou que, por primeira vez, a Comunidade Autónoma de Galicia contará cun instrumento centrado en proporcionar á Administración autonómica os datos necesarios para o coñecemento das estruturas comerciais, facilitar o exercicio das funcións de vixilancia, verificación e constatación do cumprimento da Lei de Comercio; contribuír á definición das políticas de axudas públicas e subvencións ao sector comercial, máis acertadas e acordes ás súas necesidades e intereses; habilitar un instrumento de información para o propio sector comercial e para a sociedade Galega; garantir os dereitos e intereses das persoas consumidoras e usuarias, e contribuír á simplificación administrativa, ao evitar, en certos casos, a necesidade de acreditación de datos que xa obren no rexistro.
Javier Guerra definiu o Rexistro Galego de Comercio como “unha das ferramentas máis eficaces, recollida na Lei de Comercio”, aprobada en decembro de 2010, e engadiu que a inscrición no mesmo será gratuíta, para os comerciantes, e voluntaria, en todas as modalidades, excepto nos supostos de venda a distancia e franquía, tal e como sinala a Lei .
Ademais, cando estea plenamente operativo, a inscrición no Rexistro será condición indispensable para os comerciantes interesados en optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración ou para participar activamente en programas específicos.
Guerra salientou tamén que “a creación deste Rexistro supón un paso adiante, cara á e-Administración, tamén no ámbito comercial”, xa que as inscricións, comunicacións e demais trámites relacionados co Rexistro Galego de Comercio faranse por medios telemáticos.
Segundo o anteproxecto do decreto, a estrutura do Rexistro Galego de Comercio organízase en 6 seccións: de persoas comerciantes con establecemento permanente; de persoas comerciantes sen establecemento permanente (por exemplo, venda a domicilio ou venda ocasional); de venda a distancia; de venda ambulante; de actividade comercial en réxime de franquía e de asociacións de comerciantes.
Ademais, a norma tamén detalla cales son os datos que deberán figurar inscritos, para facilitar a realización da actividade estatística. Entre os que convén destacar: a superficie de venda do establecemento, a pertenza a algunha asociación de comerciantes, a adhesión ao sistema arbitral de consumo, a consideración de outlet, a pertenza a un centro comercial aberto ou a un mercado, o número de traballadores e o período de actividade ao ano.
Para concluír Guerra, apuntou que “para entender a utilidade desa ferramenta, é fundamental ter en conta que tense establecido e regulado a necesidade de colaboración coa administración local, o sistema estatístico de Galicia e mais con outros rexistros estatais e autonómicos”.

viernes, 8 de abril de 2011

II FEIRA EUROPEA DO EMPREGO

A Deputación da Coruña, a través do centro Europe Direct, e a Universidade da Coruña organizaron a IV FEIRA EUROPEA DE EMPREGO os días 11 e 12 de abril de 2011 no Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Esta iniciativa pioneira a nivel rexional, conta coa colaboración do Concello da Coruña, Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e co apoio da Representación da Comisión Europea en España e con entidades patrocinadoras como IGAPE.

OBXECTIVO XERAL

O obxectivo xeral desta IV Feira Europea de Emprego (FEE), foi, como na súa edición anterior, promover o encontro directo entre la Universidad, as empresas e as instituciones relacionadas co emprego no marco dunha dimensión europea do mercado e da mobilidade laboral.

PARTICIPANTES
      • Estudantes universitarios/as e persoas recentemente tituladas
      • Mozos/as emprendedores e emprendedoras
      • Estudantes e persoas tituladas en Formación Profesional
ACTIVIDADES

      • Mesas redondas
      • Talleres da Rede EURES (Servizo Europeo de Emprego)
      • Actividades das empresas: Stands, presentacións técnicas e probas de selección de persoal
      • "Café negocios", un espazo para que as empresas participantes poidan realizar encontros empresariais e identificar novas liñas de negocios.
Visite a WEB da IVFEE

miércoles, 30 de marzo de 2011

CONVOCADAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS


Recentemente a Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria de diferentes axudas e subvencións:
  • Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
Obxecto: convocatoria de subvencións para impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia. Tipos de axuda:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: as empresas privadas, incluídos os autónomos/as, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

  • Subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información.
Obxecto: convocatoria de subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información. Son actuacións subvencionables:
a) Desenvolvementos TIC:
a.1) Desenvolvementos centrados en áreas tecnolóxicas: Converxencia e accesibilidade IP; Mobilidade, localización e GIS; Avance na TDT; Eficiencia enerxética; Fogar dixital; Tecnoloxías RFID, transporte e sector marítimo.
a.2) Desenvolvementos centrados no cidadán: Servizos sociais e sanitarios; Educación; Outros ámbitos de servizos electrónicos de interese xeral, non necesariamente vinculados á Administración.
Beneficiarios: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de EN Galicia, que reúnan os requisitos establecidos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29/04/2011


  • Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
Obxecto: convocatoria do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego. Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios: as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
Nota: Atender ao prazo establecido en cada unha das correspondentes liñas de axuda.

  • Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras
Obxecto: convocatoria de incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas.
a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial.
b) Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
c) Programa de incentivos á contratación temporal.
Beneficiarios: os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010, ata o 28/04/2010




PODES ACCEDER ÁS BASES DA CONVOCATORIA DE ESTAS AXUDAS ACCEDENDO Á PÁXINA DA FUNDACIÓN.

lunes, 21 de marzo de 2011

Como cada día 8 de marzo...

Como cada día 8 de marzo, se ha celebrado el Día Internacional de la Mujer, antes denominado de la Mujer Trabajadora  hasta que decidieron eliminar la ridícula redundancia. Un año más nos preguntamos si hay motivo para la “celebración” y la respuesta debe seguir siendo inequívocamente negativa. Sin medias tintas.
Muchos argumentarán que hay que festejar  “cuánto hemos avanzado”. No estoy de acuerdo. En este desgraciado mundo, nacer mujer hace que se dispare la posibilidad de sufrir maltrato, pobreza, agresión sexual, negación de derechos tan fundamentales como la educación, la sanidad, la libertad de cualquier tipo. Infinidad de legislaciones siguen negando el pan y la sal a esa media humanidad que tiene dos cromosomas x. Se nos ha negado la propia humanidad y la posibilidad de alma o capacidad de pensamiento. Existen normas en muchos países que garantizan mutilaciones gravísimas como la genital aún en la más tierna infancia.
En nuestro  pequeño mundo cotidiano también los prejuicios atávicos siguen pasando factura, si bien a otro nivel: violencia en los hogares contra mujeres y niños; discriminación laboral y salarial generalizada; inaccesibilidad a puestos de poder político, económico y social, la penalización de la maternidad,  y, por desgracia, un largo etcétera.
Siento tener que mostrarme así de negativa, pero no me gusta que lo políticamente correcto nos impida ver la realidad. Y, en este escenario, lamento que muchas políticas de igualdad estén resultando tan contraproducentes. Poner, sólo por ser mujer y poder fardar de igualitario, a mujeres no preparadas en puestos de altísima responsabilidad, prescindiendo del criterio del mérito y justificados sólo por el género,  provoca que inevitablemente estas personas queden en evidencia casi cada vez que abren la boca  y acaben por reforzar ideas contra la capacitación/cualificación femenina. Flaco favor.
Estos días se habla de las medidas que, según parece, pretende adoptar la Unión Europea en aras de la igualdad en los puestos de poder de las empresas. Este terreno siempre es peligroso y no muy eficiente. No debe confundirse la igualdad ante la Ley, con la igualdad por Ley, barbaridad jurídica que tapa una injusticia con otra y atenta contra el sentido común.
Mi opción es invitar  a todos empezando por las mujeres, a una permanente lucha contra la injusticia. La lucha activa, diaria, grande, pequeña y comprometida, que pasa por reconocer que, si las discriminaciones y desgracias en general pueden afectar a cualquiera, niñas y mujeres han sido y siguen siendo las principales víctimas de la fuerza bruta frente a la fuerza de la razón. Que el avance en este terreno es una buena medida de la civilización de las sociedades en el mejor sentido del término, porque la justicia y la equidad son las mismas cuando afectan a mujeres, a discapacitados, por creencias, por raza o por edad; y la identificación de la injusticia y su denuncia tienen efectos benéficos generalizados. La primacía de la razón y la ética sobre la fuerza, y el reconocimiento, no de la igualdad- que no es tal- sino de la diferencia, la aceptación y valoración de cada ser humano en su singularidad. En ello estamos.

María Luisa Cid Castro
Presidenta de la Fundación Galega da Muller Emprendedora

miércoles, 23 de febrero de 2011

FLEXIBILIDAD LABORAL, CONCILIACIÓN

O 70% dos empregados españois considera que o seu traballo non é flexible para conciliar vida persoal e traballo, segundo o informe '10 anos de Conciliación en España (1999-2009) ' realizado polo Centro Internacional Traballo e Familia do IESE Negocio School, que reflicte que a loita pola conciliación en Europa segue sendo "monopolio" das mulleres.

O estudo analizou 5.000 empresas e recolle os avances que se produciron ao longo dos últimos 10 anos, as boas prácticas das empresas en España e as medidas de conciliación que se están a adoptar nos países da Unión Europea. Así, pon de manifesto que a "importancia" da flexibilidade, tanto no tempo coma no espazo.

Nese sentido, os resultados reflicten que estas son as políticas "máis demandadas" polos empregados, a pesar de que algunhas empresas se resisten a xeneralizalas. Non obstante, os datos indican que, a pesar de que aínda queda moito camiño por percorrer, "se avanzou moito neste terreo".

Unha das autoras do informe, Nuria Chinchilla, sinalou que a Lei de conciliación ou a Lei de Igualdade, xeran, nalgúns casos, un "efecto búmeran" contra as mulleres. Por iso, explicou que "mentres que non haxa un apoio que incentive as empresas será difícil evitar a discriminación pola maternidade". Así, considera que "hai que adaptar a lei para que se axude as empresas".

Igualmente, resaltou que "o que de verdade axuda a que o traballo non se converta nun obstáculo para o desenvolvemento do proxecto persoal é o convencemento dos empresarios". Ademais, o informe mostra que o aumento de taxa de dependencia derivado da crecente esperanza de vida e a baixa natalidade fai "aínda máis necesaria" a conciliación.
O informe mostra que tamén a igualdade é "unha materia pendente", xa que en 2009 do 18 por cento da poboación activa europea que traballaba a tempo parcial, o 31 por cento eran mulleres fronte ao 8 por cento de homes. Nese sentido, indica que mesmo os Gobernos poñen un "ton feminino" á conciliación, mentres que é obriga compartida a de coidar os fillos ou persoas dependentes.

Chinchilla explicou os tres retos e solucións para solucionar esta situación de cara ao futuro; formular as relacións de traballo e familia como unha fonte de beneficio mutuo e non de conflito; valorar o beneficio que se deixa de percibir cando non existen políticas empresariais flexibles; e reorientar o concepto e o valor do tempo no traballo.

Do mesmo modo, recordou que en países como Holanda, Francia, Alemaña, Suecia ou Noruega, a racionalización de horarios fixo posible unha maior incorporación da muller ao mundo laboral, o aumento do índice de fertilidade e de produtividade en relación co número de horas traballadas.

Finalmente, o director xeral de The Family Watch, Ignacio Socías, sinalou a "importancia" que ten adoptar datos que axuden a coñecer mellor a familia e apoiala con "máis eficacia". Ademais, apuntou que a familia ten un papel social "determinante" para saír da crise económica e para afrontar os retos demográficos e éticos que o futuro formula.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Feijóo subliña o financiamento e a internacionalización como os alicerces do Plan Téxtil Moda-Visión 2020 para fortalecer o sector e dotalo de instrumentos que o fagan competitivo en todo o mundo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou na presentación do Plan Téxtil Moda-Visión 2020, o financiamento e a internacionalización como os dous alicerces deste plan estratéxico encamiñado a fortalecer o sector e dotalo de novos instrumentos que o fagan competitivo en todo o mundo.

Deste xeito, o titular autonómico garantiu, nun primeiro termo, que o Goberno galego dará todas as facilidades posibles en materia de liquidez ao sector téxtil, “tanto para circulante e para recualificar a desempregados, como para poñer en marcha novas empresas ou aproveitar a Eurorrexión para reforzar as vías de financiamento”.

Feijóo subliñou a internacionalización como a segunda aposta fundamental para lograr que o téxtil saia fortalecido da crise económica. “É evidente que na situación que vive actualmente España, a dependencia do mercado nacional é unha gran debilidade. Acuciado pola desconfianza e pola caída do consumo que impera no país, o sector téxtil ten que rearmarse e abrir novas fiestras que o fagan aínda máis visible nos mercados internacionais. Hoxe, máis ca nunca, precisa abrirse e liberarse do illamento que supón que dous terzos dos nosos produtos se vendan no mercado nacional, nun momento en que a gran maioría dos españois non ten capacidade para mercar”.

Segundo aseverou, neste plan hai un anceio que é común ao 100% dos sectores estratéxicos da nosa economía: “trátase de buscar novas rutas e establecer novas relacións comerciais que permitan aos emprendedores galegos distinguirse nos mercados internacionais de facto, dotarse de novos instrumentos –incidiu- que fagan posible competir en todo o mundo e, sobre todo, esquivar o máximo posible a crise que sofre o seu principal cliente, que é a nación española”.

Vontade de crecer, de cooperar e de manter intactos os seus distintivos de calidade
Feijóo resaltou que é difícil que un plan coma este naza con tantas garantías, “pero o téxtil –dixo- tenas: a vontade de crecer, a vontade de cooperar e a vontade de manter intactos os seus distintivos de calidade son a súa tripla fortaleza. O acordo do diálogo social é o seu aval. E este acto, a demostración de que hai un sector privado disposto a renovarse, a avanzar e a triunfar; e un sector público decidido a acompañalo e apoialo nese camiño”.

“Hoxe, hai no téxtil cooperación institucional, compromiso económico e a disposición de recuperar os liderados que forman parte da nosa historia”, aseverou.

No tocante á integración de esforzos, Feijóo afirmou que poucos exemplos mellores que o sector téxtil para reflectir que o entendemento é o mellor patrón nun momento coma este que nos obriga a facer máis con menos. “O sector é a suma de diversos intereses, desde os do deseño e a fabricación, ata os da distribucións, a pasarela ou a comercialización. Neste contexto, as alianzas e a cooperación son unha necesidade. Pero ademais, nun momento económico como o actual, é unha obriga que, en lugar de varios retallos, sexamos quen de tecer unha peza uniforme”.

Neste senso, quixo recoñecer a xenerosidade e a madurez do sector. “Xenerosidade e madurez –salientou- que teñen derivado en dous pasos imprescindibles para que hoxe poidamos estar aquí, dando un impulso conxunto a un ámbito tradicional e estratéxico da nosa economía: a posta en marcha do único Clúster do Téxtil, en setembro do pasado ano; e o pacto polo sector téxtil alcanzado entre a Administración, os axentes sociais e os axentes económicos, e que forma parte do Acordo polo Diálogo Social que ratificamos o pasado mes de xullo”.

Ademais da vontade e da cooperación, Feijóo destacou un terceiro factor co que as empresas do téxtil poden afrontar o seu futuro e aplicar este plan estratéxico, destinado especialmente as case 550 pemes do sector que dan emprego a preto de 13.000 persoas e que facturan algo máis de 1.000 millóns de euros anuais. “Refírome ao seu dobre arraigo. Con Galicia e cos dous principios que van unidos de seu á moda galega: o deseño e a calidade”.

Por último, Feijóo explicou que este plan está pensado para afrontar non só as necesidades máis apremiantes, “senón que tamén nos convoca durante toda esta década, en consonancia co Plan Estratéxico 2010-2014 horizonte 2020 que, recentemente –lembrou- contou cos parabéns da Unión Europea por ser unha das poucas rexións que plantexa unha planificación no mesmo calendario que a planificación da UE, cando a Unión aprobou a Estratexia 20-20”.

viernes, 11 de febrero de 2011

AS EMPRESAS QUE DESPIDAN QUEDARANSE SEN AXUDAS Á CONTRATACIÓN PARCIAL

O Goberno segue adiante coa tramitación do Acordo Social e económico. Tras a pausa do venres pasado, motivada pola visita de Estado do chanceler alemán e o Cumio Europeo do venres, o Consello de Ministros volve hoxe a ter sobre a mesa o pacto social. Esta vez trátase das políticas activas de emprego, en concreto o plan de choque para reactivar a ocupación, capítulo que non goza do consenso alcanzado en pensións.

Mentres a secretaria de Estado de Emprego, Mari Luz Rodríguez, ultimaba pola tarde cos axentes sociais algúns flocos do anteproxecto que se aprobará hoxe en Moncloa, fontes do ministerio revelaban nos corredores do Congreso algunhas novidades ao respecto.

A primeira é cuantitativa. Aínda que a idea é que estea dispoñible ata que se esgote o presuposto, Traballo estima que a axuda de 400 euros suxeita a formación para os mozos parados que esgoten a súa prestación por desemprego e non teñan ingresos alternativos custará uns 400 millóns ás arcas do Estado. Este cálculo baséase na suposición de que se terá que facer fronte a unha media de 80.000 usuarios ao mes. Unha cifra que contrasta cos 198.000 beneficiarios mensuais rexistrados durante a última etapa da antiga axuda de 426 euros, que expira o 16 de febreiro. Como os parados que cobran a axuda se acumulan mes a mes, a estimación dá por sentado que o sistema será capaz de lograr que a medida que entren novos usuarios vaian saíndo outros, de maneira que a bolsa de usuarios non creza demasiado.

Tamén hai novidades na outra gran medida incluída no plan de choque: a bonificación á contratación a tempo parcial de mozos e parados de longa duración. Así, o Goberno propuxo aos sindicatos que non poidan acceder a ela as empresas que reducisen equipo nos seis meses previos a solicitala.
A vicepresidenta económica do Goberno, Elena Salgado, deu onte na comisión non permanente do Pacto de Toledo un dato revelador: coa reforma das pensións, o sistema aforrará un 3,5% do PIB para 2050. O sistema de pensións español, pois, poñeríase así "ao nivel do resto de países" da Unión Europea. Así, a reforma elevará a taxa de actividade para os traballadores de ata 61 anos entre un 1,5% e 2% a partir de 2030, e o PIB crecería entre un 1,4% e un 1,7% máis nese momento.

"Sen a reforma, os desequilibrios teríanse notado xa na próxima década", sentenciou Salgado. O titular de Traballo, Valeriano Gómez, quixo destacar ante o resto de forzas políticas que a progresividade da implantación da reforma fará "que os cidadáns que se xubilen nos próximos anos apenas noten os seus efectos, e os máis novos teñan tempo de adaptar as súas decisións ao novo réxime de xubilación".

Para o secretario xeral de CC OO, Ignacio Fernández Toxo, sería "prudente" que o Goberno non aprobe hoxe o plan de choque debido a que sindicatos e Executivo aínda están a negociar algúns aspectos deste. Toxo asegurou pola mañá que se estaba a discutir se a axuda de 400 euros a parados novos e de longa duración que esgotasen a súa prestación poida ser cobrada polos que cobrasen os 426 euros do Prodi. Ao final, Valeriano Gómez indicou que esta circunstancia non será posible. Polo tanto, os que cobrasen a axuda que expira este mes non terán dereito á nova de 400 euros.

martes, 25 de enero de 2011

FOMENTANDO O COOPERATIVISMO

A Fundación Galega da Muller Emprendedora ten presentado ante a Xunta de Galicia un proxecto para a creación de cooperativas e empresas. O enfoque da proposta plantexada pola Fundación é diferente dos convencionais que, de sempre, comenzan cun grupo de persoas cun interés común en crear unha empresa ás que habitualmente se lles facilita asesoramento para a constitución e inicio da actividade ou finanzamento. 

O proxecto da Fundación enfócase a persoas que carecen desta iniciativa ou da comunicación con outras persoas có mesmo interese ou cualificacións. Pensamos en persoas que carecen da mínima cualificación para plantexarse a posibilidade de emprender, ou que síntense atemorizados polas complexidades do mundo empresarial, ou que arrastran problemas de exclusión, autoestima, paro de longa duración ou outros, ou ben que non teñen unha rede social suficiente coma para constituiren un grupo ben definido de interese común que tome a iniciativa dun proxecto empresarial. 

Queremos invertir o proceso habitual e, partindo dunha idea viable, realizar un plan de empresa detallado que analice, a producción, o mercado, a distribución, o finanzamento, a localización, os gastos correntes, etc... e, finalmente, o equipo humano necesario para a posta en marcha e continuidade do proxecto, establecendo o perfil profesional dos distintos tipos de participantes. Deste modo, só unha vez que a estructura da nova empresa está totalmente desenrrolada, buscaríanse os integrantes da nova empresa, ofrecéndolles a posibilidade de integrarse nun proxecto como parte activa do mesmo, pero tendo feito todo o traballo dun xeito profesional.

Ó respecto deste proxecto queremos facer constar a recente convocatoria de axudas e programas relacionados co cooperativismo por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Son os seguintes: 

O programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais establece un conxunto de axudas orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas, como socios e socias traballadores/as ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio. Así mesmo, preténdese mediante incentivos para o financiamento dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial, aumentar a competitividade destas empresas co obxecto último de manter o seu emprego.
Os programas de promoción do cooperativismo e a economía social establecen axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos, incluso na fase previa á súa constitución formal, potenciando singularmente os procesos de asesoramento das novas iniciativas; fomentan especificamente o acceso á condición de socios e socias traballadores/as para incentivar a plena integración na empresa cooperativa e recollen axudas para a realización de actividades de promoción do cooperativismo.