martes, 25 de enero de 2011

FOMENTANDO O COOPERATIVISMO

A Fundación Galega da Muller Emprendedora ten presentado ante a Xunta de Galicia un proxecto para a creación de cooperativas e empresas. O enfoque da proposta plantexada pola Fundación é diferente dos convencionais que, de sempre, comenzan cun grupo de persoas cun interés común en crear unha empresa ás que habitualmente se lles facilita asesoramento para a constitución e inicio da actividade ou finanzamento. 

O proxecto da Fundación enfócase a persoas que carecen desta iniciativa ou da comunicación con outras persoas có mesmo interese ou cualificacións. Pensamos en persoas que carecen da mínima cualificación para plantexarse a posibilidade de emprender, ou que síntense atemorizados polas complexidades do mundo empresarial, ou que arrastran problemas de exclusión, autoestima, paro de longa duración ou outros, ou ben que non teñen unha rede social suficiente coma para constituiren un grupo ben definido de interese común que tome a iniciativa dun proxecto empresarial. 

Queremos invertir o proceso habitual e, partindo dunha idea viable, realizar un plan de empresa detallado que analice, a producción, o mercado, a distribución, o finanzamento, a localización, os gastos correntes, etc... e, finalmente, o equipo humano necesario para a posta en marcha e continuidade do proxecto, establecendo o perfil profesional dos distintos tipos de participantes. Deste modo, só unha vez que a estructura da nova empresa está totalmente desenrrolada, buscaríanse os integrantes da nova empresa, ofrecéndolles a posibilidade de integrarse nun proxecto como parte activa do mesmo, pero tendo feito todo o traballo dun xeito profesional.

Ó respecto deste proxecto queremos facer constar a recente convocatoria de axudas e programas relacionados co cooperativismo por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Son os seguintes: 

O programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais establece un conxunto de axudas orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas, como socios e socias traballadores/as ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio. Así mesmo, preténdese mediante incentivos para o financiamento dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial, aumentar a competitividade destas empresas co obxecto último de manter o seu emprego.
Os programas de promoción do cooperativismo e a economía social establecen axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos, incluso na fase previa á súa constitución formal, potenciando singularmente os procesos de asesoramento das novas iniciativas; fomentan especificamente o acceso á condición de socios e socias traballadores/as para incentivar a plena integración na empresa cooperativa e recollen axudas para a realización de actividades de promoción do cooperativismo.